sábado, 14 de noviembre de 2009

XA CHEGAMOS A DRUKININSKAI

Despois dunha longa viaxe por fin chegamos ao noso destino. Saímos ás 7 da mañá de Santiago de Compostela, fixemos transbordo en Madrid e Helsinki e por fin chegamos ao aeroporto da capital de Lituania, Vilnius, onde nos estaban esperando a coordinadora do proxecto en Lituania e os profesores e alumnos/as de Polonia.
En Helsinki estaba nevado, parecían os paisaxes típicos das postáis de Finlandia.
Aquí en Lituania é unha hora máis ca en España, ademáis ás catro da tarde xa é noite pechada, así que no camiño entre Vilnius e Druskininkai non puidemos ver nada de Lituania.
Cando chegamos ao hotel estaban esperándonos as familias coas cales imos a estar, parecen moi agradables e agora necesitamos descansar, así que ata mañá, seguiremos contándovos a nosa viaxe en Lituania.
Para que vexades como nos vai mirade no apartado de FOTOS deste blog e ahí estamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario