lunes, 28 de febrero de 2011

Luns, 28 febreiro 2011. Benvidos ao Maruxa Mallo


Hoxe foi o primeiro día en que os nosos invitados viñeron ao colexio, así que amosámosllo e xa tiveron unha clase de tecnoloxía con Raquel. Logo fixemos as presentacións de todos os traballos que preparamos ao longo do trimestre pasado. Houbo intercambio de regalos entre os tres países participantes. Pola tarde fomos ao museo do traxe e, entre pequenos actos teatrais e musicais terminamos de visualizar as presentacións.A festa acabou coa visita ao museo onde nos cansamos de sacar fotos de tantos traxes como alí hai.

domingo, 27 de febrero de 2011

Domingo, 27 de febreiro. Visitamos a Costa da Morte


Que tempo máis maravilloso para un día de febreiro! Empezamos a viaxe por Noia, parada obrigatoria nesta preciosa vila onde ademais puidemos mercar no mercado dominical. Logo achegámonos a Muros, onde os nosos invitados puideron disfrutar da nosa ampla e variada gastronomía para posteriormente contemplar o océano desde un lugar privilexiado:Fisterra. Finalmente os nosos compañeiros polacos e lituanos tiveron ocasión de ver o mar de Muxía e entender por que lle chaman Costa da Morte. Xa cansos, voltamos a Ordes.

sábado, 26 de febrero de 2011

Semana Comenius en Ordes



Por fin chegaron. Levabamos agardando con impaciencia e o día xa chegou!Onte á noite recibimos aos nosos compañeiros lituanos: Andrius, Arturas, Laura, Migle, Gabriele e Greta acompañados pola profesora Gitana Stukiene. E hoxe pola tarde démoslle a benvida, logo de ter que buscalos polo aeroporto porque se perderon, aos compañeiros polacos: Agata, Sonia, Monika,Gosia, Jarek e Jedrek xunto aos seus profesores:Lucy, Damien,Asia e Kasia. WELCOME!!!!Agárdanos unha semana moi interesante e chea de actividades