viernes, 6 de mayo de 2011

LUNS 2 DE MAIO

Chegou o último día da nosa viaxe, hoxe pasámolo moi ben nun lago, realizando diversas competicións e pola tarde na despedida que nos fixeron na cea. É unha pena pero todo o bo remata algunha vez.
Esperamos que o próximo ano outros compañeiros poidan disfrutar desta experiencia

domingo, 1 de mayo de 2011

DOMINGO, 1 MAIO

Orixinal maneira de celebrar esta data, paseando polas montañas polacas. So houbo un pequeno problema: CHOVÍA e CHOVÍA e CHOVÍA así que tivemos que suspender a subida en telesilla a unha das famosas montañas e tivemos que conformarnos con ver un dos máis importantes trampolíns de salto de ski e o lugar onde naceu e vive Adm Malysz, varias veces campeón mundial de salto de ski. Para esquecer o mal tempo fomos xogar aos bolos e quedamos asombrados dos strikes de Gabriel e non digamos nada do estilo de Darío, que foi capaz de gañar aínda coa perna escaiolada. As rapazas tampouco o fixeron nada mal.
Por certo, felicidades a todas as mamás neste Dia da NAI.