martes, 17 de noviembre de 2009

UN DÍA MÁIS POR DRUKINISKAI

Hoxe tivemos un día moi completo, pola mañá estivemos no instituto "Atgiminos", os profesores tivemos unha reunión para precisar as actividades que imos facer no proxecto a partir de agora, mentras os alumnos/as participaban no desenrolo normal das clases xunto cos seus compañeiros. Logo coñecimos o colexio de primaria que está a carón do de secundaria, vimos unha aula e realizamos unha manualidade moi interesante, elaboramos unhas postáis de nadal recortando figuras de papel.
Despois de comer recibironnos no concello de Druskininkai, onde nos explicaron os proxectos xa desenrolados polo concello e aqueles que teñen previsto levar a cabo. Atenderonnos moi amablemente, déronnos un libro sobre a cidade e desexáronnos que os resultados do proxecto sexan moi satisfactorios para todos e todas.
Logo coñecimos un museo ao aire libre no medio dun bosque onde aparecían esculpidos distintos motivos e unhas casas típicas da zona.
Por último volvimos ao instituto onde a profesora de danza ensinounos a bailar polcas e danzas típicas de Lituania.
Como vedes tivemos un día moi axetreado

No hay comentarios:

Publicar un comentario