domingo, 15 de noviembre de 2009

PRIMEIRO PERCORRIDO POR DRUSKININKAI

Druskininkai é unha cidade que ten douscentos anos, o seu nome significa cidade do lago salado. Foi a primeira cidade recoñecida como lugar no que a auga tiña un valor mediciñal. Toda a cidade, que é moi pequena (22.000 habitantes), está chea de balnearios e de hoteis onde se aloxa a xente que ven recibir o tratamento coa auga mediciñal. Durante séculos foi o lugar onde a realeza e aristocracia rusa viña a relaxarse e mellorar a súa saúde mediante a inxesta da auga mediciñal ou cos baños na mesma. Esa auga mediciñal é salgada.
Como vedes, aquí tamén disfruta a xente coa pesca, como este domingo fixo moi bo tempo, frío pero incluso saíu o sol, vimos a moita xente paseando ao carón do río e dos lagos que percorren a cidade.
Unha vez rematado o noso paseo, relaxámonos xogando nunha boleira, podedes ver o estilo que demostramos. Un domingo orixinal

No hay comentarios:

Publicar un comentario