jueves, 19 de noviembre de 2009

CHEGOU O ÚLTIMO DÍA DA NOSA VIAXE

Hoxe foi o último día que pasamos en Druskininkai. Pola mañá estivemos no instituto levando a cabo as últimas actividades que tiñamos previstas e avaliando o traballo realizado ao longo da nosa viaxe. Como remate entregáronnos uns diplomas e outros agasallos para desexarnos que volvamos pronto por aquí.
Pola tarde visitamos o museo do pintor e compositor máis famoso de todo o país M.K. Ciurlionis, alí amosan a súa casa orixinal, con reproducións dos seus cadros e obxectos da súa pertenza como piano, órgano...
E por último, tivemos a nosa festa de despedida... Estivemos tan a gusto e tratáronnos tan ben que non queremos marchar. Pero bueno, en febreiro virán eles a Ordes e retomaremos amizades.
Esta é a derradeira entrada no blog polo que respecta a esta viaxe, mañá espéranos un duro día de viaxe.
Vémonos o luns no instituto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario