miércoles, 18 de noviembre de 2009

HOXE ESTIVEMOS DE EXCURSIÓN

Saímos pola mañá cedo nun autobús cara a Trakai castle. O castelo de Trakai foi construido polo gran duque Vitautas no século XIV, aínda que se remataron as obras no século XV. Este castelo foi construido para server de símbolo do país, non con fins defensivos como era o habitual. Os descendentes deste gran duque non quixeron vivir alí e trasladáronse a Vilnius, actual capital de Lituania. Co tempo o castelo quedou en ruinas, pero no século XX, co renacemento do sentimento de identidade nacional, decidiuse a súa reconstrución e actualmente é un museo da historia de Lituania e un lugar que recibe gran número de visitantes. Está situado no medio dun lago, o que o convirte nun espazo moi atractivo para coñecer, aparte do seu valor históricco.
Pola tarde funos o GRUTAS PARK. Neste lugar recóllense múltiples recordos da época comunista, na que Lituania era unha das república da URSS e, que foron levados aí polo pai do actual alcalde de Druskininkai trala independencia do país. Aquí están expostas estatuas e outros materiais da época que estaban distribuidas por todo o país: estatuas do soldado ruso, de Lenin, Stalin... Este espazo está pensado para que non olviden o seu pasado e tamén para recordar a todos os que sufriron polas suas ideas e por nacer nun tempo e nun lugar complicado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario