viernes, 29 de abril de 2011

VENRES 28 DE ABRIL

Canto traballamos hoxe! Xa empezamos á mañá, os alumnos amosando as súas dotes artísticas creando con barro as súas esculturas, e os profesores reunidos elaborando tremendos e serios documentos. Ese gran esforzo merecía unha recompensa, por iso, os alumnos e alumnas participaron, e algúns gañaron, nunha 'ginkana' no parque da cidade e, mentras tanto, o profesorado facía unha pescuda por Pszczyna buscando aqueles obxectos que pola súa significación e importancia merecían ser transportados, co permiso de Lufthansa, ata o noso pobo, para permanecer como recordos imperecedeiros da nosa estancia nesta cidade.

Pola tarde, relaxámonos da nosa dura actividade cun festival que os nosos anfitrións nos tiñan preparados, xa veredes nas fotos que os nosos alumnos progresan adecuadamente en idioma polaco, e xa se atreven a cantar nesa lingua ata agora descoñecida para nós. Creo que mañá toca trabalinguas, en polaco, por suposto. Hai que dicir que o noso compañeiro Esteban xa pide as consumicións en idioma nativo. E enténdeno!!!

Nota: Darío sigue sendo o rei do mambo. Está xenial e disfrutando. (ata me saiu con rima)

No hay comentarios:

Publicar un comentario