miércoles, 27 de abril de 2011

MÉRCORES 27 DE ABRIL

Despois de moito loitar para que nos fora internet, socorro Raquel, conseguimos facer o que sabiamos que había que facer pero que polo cansancio non se nos ocurría, Solucionados os problemas técnicos xa podedes ver o que fixemos hoxe: recibíronnos na escola, déronnos agasallos, invitáronnos a comer, visitamos o concello, coñecimos un museo no que nos ensinaron como eran as granxas antes neste país, vimos os famosos bisontes e, por fin, descansamos, creo que para un día non está mal.


NOTA 1: os pobres alumnos non puideron disfrutar hoxe dos bisóns (irán outro día) porque fixeron o "sacrificio" de ir á casa dun dos alumnos polacos para facer unha festa.


NOTA 2: xa vedes que Darío segue a ser tratado con moita deferencia, e está disfrutando con todos da viaxe

No hay comentarios:

Publicar un comentario