sábado, 2 de octubre de 2010

LITUANIA, Sábado, 2 octubre 2010

Viaxe Santiago- Madrid todo moi ben, pero aínda medio durmidos. Daniel foi tratado a corpo de rei, en silla de rodas a todas partes.
Viaxe Madrid- Helsinki tamén sobre horario previsto e un voo agradable aínda que o piloto pensou que eramos canguros na aterraxe. Preciosas vistas. Tempo soleado. Daniel sigue a corpo de rei.
Viaxe Helsinki-Vilnius case sen espera no aeroporto e nun avión que parecía de xoguete polo pequeno. Chegamos á hora exacta e o minibus levounos en 2 horas ata Druskininkai onde estaban agardando as familias. Boas noites que mañá temos que madrugar para ir á praia ao mar Báltico.

1 comentario:

  1. Ola! Vexo que empezastes a gozar da viaxe, pero.... a praia en Lituania nesta época do ano!!! TOLEARON OU QUE? Mirade que ao voltar tedes que vir traballar, o do resfriado non cola.
    Bicos. Raquel.

    ResponderEliminar