Hoxe tivemos un día moi longo pero interesante. Primeiro visitamos Cracovia, unha cidade preciosa, con moitas cousas que ver e un calor terrible, así que camiñamos e camiñamos,... e quedamos esgotados pero felices de estar alí. Pola tarde chegou a tronada, menos mal que nos tocaba baixar ás minas de sal de Wieliczka, e como estabamos baixo terra non nos enteramos de si chovia ou non. Volvimos a botar toda a tarde andando ao longo de tres kilómetros de galerías, consideradas patrimonio da humanidade pola UNESCO. Cando chegamos de volta a Pszczyna xa era bastante tarde, así que mañá seguiremos contándovos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario