A sesión de hoxe empezou coa presentación Power Point por parte do equipo galego. O noso alumnado fixo unha introdución en inglés digna de ser gravada. O traballo consistía nunha comparación dos tres países implicados sobre a localización, poboación, xente importante, política, cultura...onde se plasma os coñecementos que os nosos rapaces e rapazas adquiriron ao longo do curso pasado sobre Lituania e Polonia. Á vista dos aplausos e parabéns recibidos cremos que foi todo un éxito.
Hoxe aquí era o "Teachers' Day", é dicir, o Día do Profesor e celébrano dunha maneira moi curiosa: os alumnos do último curso danlles clase aos do primeiro nivel perfectamente traxeados e engarabatados. Chamounos moito a atención que cada alumno lle daba unha flor ao seu titor.
Despois de xantar fixemos unha ruta a pé por Druskininkai para coñecer os lugares máis emblemáticos do pobo: río Némunas, embarcadeiro, a fonte da beleza, a estatua emblema do pobo, o mellor balneario, o lago, a praia... O pobre de Daniel fixo unha paréntese de relax mentras durou o paseo cargando pilas para a viaxe de mañá a Vilnius, capital de Lituania.
Que paisaxes! Que sofás! QUE SOL MÁIS ESPLÉNDIDO!!! Que envexa!
ResponderEliminarAquí hoxe parece ser que tamén é o día do mestre pero sen flores e con moita, moita auga.
Disfrutade moito. Un bico
PD: Son Mariló.