viernes, 6 de mayo de 2011

LUNS 2 DE MAIO

Chegou o último día da nosa viaxe, hoxe pasámolo moi ben nun lago, realizando diversas competicións e pola tarde na despedida que nos fixeron na cea. É unha pena pero todo o bo remata algunha vez.
Esperamos que o próximo ano outros compañeiros poidan disfrutar desta experiencia

domingo, 1 de mayo de 2011

DOMINGO, 1 MAIO

Orixinal maneira de celebrar esta data, paseando polas montañas polacas. So houbo un pequeno problema: CHOVÍA e CHOVÍA e CHOVÍA así que tivemos que suspender a subida en telesilla a unha das famosas montañas e tivemos que conformarnos con ver un dos máis importantes trampolíns de salto de ski e o lugar onde naceu e vive Adm Malysz, varias veces campeón mundial de salto de ski. Para esquecer o mal tempo fomos xogar aos bolos e quedamos asombrados dos strikes de Gabriel e non digamos nada do estilo de Darío, que foi capaz de gañar aínda coa perna escaiolada. As rapazas tampouco o fixeron nada mal.
Por certo, felicidades a todas as mamás neste Dia da NAI.

sábado, 30 de abril de 2011

SÁBADO 30 DE ABRIL

Hoxe tivemos un día moi longo pero interesante. Primeiro visitamos Cracovia, unha cidade preciosa, con moitas cousas que ver e un calor terrible, así que camiñamos e camiñamos,... e quedamos esgotados pero felices de estar alí. Pola tarde chegou a tronada, menos mal que nos tocaba baixar ás minas de sal de Wieliczka, e como estabamos baixo terra non nos enteramos de si chovia ou non. Volvimos a botar toda a tarde andando ao longo de tres kilómetros de galerías, consideradas patrimonio da humanidade pola UNESCO. Cando chegamos de volta a Pszczyna xa era bastante tarde, así que mañá seguiremos contándovos.

viernes, 29 de abril de 2011

VENRES 28 DE ABRIL

Canto traballamos hoxe! Xa empezamos á mañá, os alumnos amosando as súas dotes artísticas creando con barro as súas esculturas, e os profesores reunidos elaborando tremendos e serios documentos. Ese gran esforzo merecía unha recompensa, por iso, os alumnos e alumnas participaron, e algúns gañaron, nunha 'ginkana' no parque da cidade e, mentras tanto, o profesorado facía unha pescuda por Pszczyna buscando aqueles obxectos que pola súa significación e importancia merecían ser transportados, co permiso de Lufthansa, ata o noso pobo, para permanecer como recordos imperecedeiros da nosa estancia nesta cidade.

Pola tarde, relaxámonos da nosa dura actividade cun festival que os nosos anfitrións nos tiñan preparados, xa veredes nas fotos que os nosos alumnos progresan adecuadamente en idioma polaco, e xa se atreven a cantar nesa lingua ata agora descoñecida para nós. Creo que mañá toca trabalinguas, en polaco, por suposto. Hai que dicir que o noso compañeiro Esteban xa pide as consumicións en idioma nativo. E enténdeno!!!

Nota: Darío sigue sendo o rei do mambo. Está xenial e disfrutando. (ata me saiu con rima)

jueves, 28 de abril de 2011

XOVES, 28 ABRIL, 2011

Comezamos a mañá presentando a grandes creacións elaboradas polo alumnado do noso centro e tamén coñecendo os traballos levados acabo pols nosos colegas.




Seguindo o programa previsto logo do xantar das 12 tocounos visitar un deses lugares que non debería ter existido nunca: Auschwitz e Birkenau. O guía, que por certo era o mesmo do ano pasado, fíxonos comprender toda a crueldade e falta de humanidade que reinou neste lugar e a importancia de que o coñezamos e visitemos para que non volva a reproducirse un lugar semellante.

Tú.. no tienes imaginación,
acuerdate que en tu "Infierno"
no hay un niño siquiera...




Y ese que ves ahí...
Está solo
¡Solo! Sin cicerone...
Esperando que se abran las puertas del infierno
que tú ¡pobre florentino!
No pudiste siquiera imaginar.
Esto es otra cosa... ¿cómo te diré?




¡Mira! Este lugar donde no se puede tocar el violín.
Aquí se rompen las cuerdas de todos los violines del mundo.
¿Me habéis entendido, poetas infernales?




Virgilio, Dante, Blake, Rimbaud...
¡Hablad más bajo!
¡Tocad más bajo!...



¡Chist!... ¡¡Callaos!!
Yo también soy un gran violinista...
Y he tocado en el infierno muchas veces..
Pero ahora aquí...
Rompo mi violín... y me callo.




León Felipe:
AUSCHWITZ




(A todos los judíos del mundo, mis amigos, mis hermanos)













miércoles, 27 de abril de 2011

MÉRCORES 27 DE ABRIL

Despois de moito loitar para que nos fora internet, socorro Raquel, conseguimos facer o que sabiamos que había que facer pero que polo cansancio non se nos ocurría, Solucionados os problemas técnicos xa podedes ver o que fixemos hoxe: recibíronnos na escola, déronnos agasallos, invitáronnos a comer, visitamos o concello, coñecimos un museo no que nos ensinaron como eran as granxas antes neste país, vimos os famosos bisontes e, por fin, descansamos, creo que para un día non está mal.


NOTA 1: os pobres alumnos non puideron disfrutar hoxe dos bisóns (irán outro día) porque fixeron o "sacrificio" de ir á casa dun dos alumnos polacos para facer unha festa.


NOTA 2: xa vedes que Darío segue a ser tratado con moita deferencia, e está disfrutando con todos da viaxe

MARTES 26 DE ABRIL

Perdoade o retraso en informarvos e en subir as fotos, pero onte chegamos moi tarde e non había ánimos para poñernos a escribir, nin a subir as fotos, pero xa tedes as fotos como sempre e a viaxe foi moi longa pero sin ningún problema, Dario foi tratado coma un rei, non sei se se acostumbrará e esperará ser tratado sempre así.